martes, 13 de octubre de 2020

 Defunción de Rogelio Rodríguez Barreiro.

No día de onte, 12 de Outubro de 2020, faleceu o noso compañeiro Rogelio. Sempre quedará na memoria do grupo aquel rapaz virtuoso da gaita, que o levou a dirixir a banda en moitas ocasións.

Despois da súa etapa nos Chaneiros, fundou o grupo Centenario, e foi membro do grupo Trompos os pés.

Dende Os Chaneiros, queremos mandarlle unha gran aperta e moitos ánimos á súa familia, que sempre estivo ó seu carón.

Ficarán sempre con nós as boas lembranzas que nos deixou, e das súas ganas e enerxía, tanto cando se atopaba ben, coma cando as forzas lle comezaron a fallar.

D.E.P. , amigo Roger


0 Responses:

hit counter