sábado, 23 de noviembre de 2019

24-11-2019 - Actos da homenaxe o Padre Marino Domínguez Chantrero

Os Chaneiros xunto co Colexio San Narciso de Marín e colaboradores que foron membros de Os Chaneiros de outras épocas, realizarán o Domingo día 24 unha homenaxe a memoria do seu fundador finado o mes pasado, o Padre Marino Domínguez Chantrero. Dende aquí facemos un chamamento a tódolos compoñentes do grupo de todas as xeracións para colaborar ou sólo asistir o acto.

Tras 45 anos da Asociación "Os Chaneiros", a morte do noso fundador deixa un vacío nos corazón de todo aquel que pertenceu a esta banda. É por iso que este ano se cancelan tódolos eventos relacionados co 45 aniversario, en sinal de loito.
Os actos de homenaxe realizaranse o domingo día 24 de Novembro no Colexio San Narciso, o que foi o seu fogar durante moitos anos, e na que deu clase. Foi aquí onde crearía o grupo Os Chaneiros. Coa colaboración de Antonio Fernández, vedel do colexio e compositor do grupo ó que tódolos anos se lle adica o "Memorial Antonio Fernández".
Ás 17:00 comezará un acto na mesa de pedra situado no final da mesa de atletismo do colexio. Mesa artística na que el colaborou moi activamente na súa creación. Alí, o colexio San Narciso lle adicará unha placa que quedará no recordo da sua memoria e servirá para dalo a coñecer por tódolos alumnos que pasen por alí. Contaremos, se o tempo acompaña, cunhas palabras dun dous seus compañeiros de fatigas, o hermano Merino, e alí Os Chaneiros tocarán unha peza adicada o seu fundador.


Acto seguido, realizarase un pequeno pasarrúas dende a mesa de pedra ata o salón de actos do San Narciso. Alí comezará un acto homenaxe moi completo. O hermano Eligio Rivas (un dos máis ilustres historiadores de Galicia), adicará unhas palabras o seu compañeiro Paúl co que viviu tantas e tantas aventuras. 

Realizarase unha pequena proxección con fotos e videos antigos, e ademáis, de tódas aquelas persoas que non poidan acudir a este chamamento e queiran grabar un video corto adicándolle unhas palabras.
Entre parte e parte do acto, as distintas xeracións dos Chaneiros lle adicarán cancións.
O remate do acto será unha misa, ás 19:00 tamén no salón de actos, para todos aqueles que non puideron asistir o funeral. Esta misa será oficiada polo cura Santos e será unha misa como o Padre Marino sempre quixo, con música de gaitas e cancións cantadas.
Ó remate da misa e para acabar os actos, tódolos gaiteiros presentes tocarán unha canción final na que destacará a presencia de Anxo Lorenzo, gaiteiro internacional e considerado un dos máis grandes, que comezou os seús estudos de gaita baixo as ordes do Padre Marino, ó que lembra con moito cariño. Agradecemos esta colaboración que sae dende o corazón.

Está habilitada unha plataforma para que todo aquel que o desexe poida colaborar aportando documentación ou o video curto para adicar nos actos do homenaxe.

SUBE A TÚA DOCUMENTACION OU VIDEO AQUÍ




0 Responses:

hit counter