sábado, 31 de agosto de 2019

VIII Memorial Antonio Fernández


Outro ano máis Os Chaneiros estamos encantados de presentar o noso recordo con cariño a Antonio Fernández, colaborador e compositor do grupo e de Marín.

Nós sabemos que a música non é efimera, e que mentres alguén toque as túas cancións, a tua memoria nunca cairá no olvido. Con este motivo, naceu o Memorial Antonio Fernández.

Son moitos os artistas que son recordados despois da súa morte. Non foi así con Antonio. Tivo o seu recoñecemento en vida, e agora honramos a súa memoria cada ano neste fermoso Festival nos que os nenos son os protagonistas. Aqueles nenos e nenas ós que Antonio non só adicou todo o seu cariño, senón que moitos deles teñen a súa propia canción composta para eles.


De éstas cancións adicadas, imos nomear o Vals de Rosiña. Esta rapaza, Rosa foi a primeira tamborileira do grupo (e unha pioneira en Galicia) no ano 1974. Tal é así, que "non tiña traxe de muller e tiña que ir vestida coma un home", cóntanos Rosa en medio doutras preciosas anécdotas. "Comezamos a tocar coa Rondalla, antes de se formar Os Chaneiros, e íamos por ahí rachando a pana!", dí entre risas. Tamén lembra con moito cariño o traballo que Marino e Antonio pasaron para sacar ese grupo de rapaciños adiante: "Gracias a Antonio que dedicou moito esforzo, aqueles chaneiriños puideron ir ás súas primeiras actuacións".

E non digamos que eran actuacións "fáciles". Das primeiras que sabe Rosa, era unha actuación de 15 días no Santuario de Maceda de Ourense. Cóntanos Rosa que tivo que coidar dos cativos, xa que non estaban os seus pais, ata tal punto, que ata tiña que coidar de que non se mancharan as camisas e resto da roupa: "Non se podía ver ningún lamparón!!". Unha rapaciña pequena xa con toda a responsabilidade dun adulto.

Rosa recoñece a gran antención recibida por Antonio hacia eses rapaces e, a destacar, a esas rapazas que sentaron un precedente na música tradicional. Tal era a devoción que tiñan polo grupo que: "Cantas veces escapei pola ventana e saltaba o hórreo para poder ir ós ensaios. Miña nai non me deixaba ir, pero eu escapaba igual. Só había un problema: miña nai traballaba no colexio e sabía perfectamento onde podía atoparme", cóntanos Rosa.

É por iso, que este ano adicamos o VIII Memorial ás mulleres, ás que Antonio prestou tanta devoción. Non podiamos escoller un tema mellor!

Non volo perdades, haberá sorpresas para todos!

Deixámosvos o tríptico co programa





hit counter