sábado, 23 de noviembre de 2019

24-11-2019 - Actos da homenaxe o Padre Marino Domínguez Chantrero

Os Chaneiros xunto co Colexio San Narciso de Marín e colaboradores que foron membros de Os Chaneiros de outras épocas, realizarán o Domingo día 24 unha homenaxe a memoria do seu fundador finado o mes pasado, o Padre Marino Domínguez Chantrero. Dende aquí facemos un chamamento a tódolos compoñentes do grupo de todas as xeracións para colaborar ou sólo asistir o acto.

Tras 45 anos da Asociación "Os Chaneiros", a morte do noso fundador deixa un vacío nos corazón de todo aquel que pertenceu a esta banda. É por iso que este ano se cancelan tódolos eventos relacionados co 45 aniversario, en sinal de loito.
Os actos de homenaxe realizaranse o domingo día 24 de Novembro no Colexio San Narciso, o que foi o seu fogar durante moitos anos, e na que deu clase. Foi aquí onde crearía o grupo Os Chaneiros. Coa colaboración de Antonio Fernández, vedel do colexio e compositor do grupo ó que tódolos anos se lle adica o "Memorial Antonio Fernández".
Ás 17:00 comezará un acto na mesa de pedra situado no final da mesa de atletismo do colexio. Mesa artística na que el colaborou moi activamente na súa creación. Alí, o colexio San Narciso lle adicará unha placa que quedará no recordo da sua memoria e servirá para dalo a coñecer por tódolos alumnos que pasen por alí. Contaremos, se o tempo acompaña, cunhas palabras dun dous seus compañeiros de fatigas, o hermano Merino, e alí Os Chaneiros tocarán unha peza adicada o seu fundador.


Acto seguido, realizarase un pequeno pasarrúas dende a mesa de pedra ata o salón de actos do San Narciso. Alí comezará un acto homenaxe moi completo. O hermano Eligio Rivas (un dos máis ilustres historiadores de Galicia), adicará unhas palabras o seu compañeiro Paúl co que viviu tantas e tantas aventuras. 

Realizarase unha pequena proxección con fotos e videos antigos, e ademáis, de tódas aquelas persoas que non poidan acudir a este chamamento e queiran grabar un video corto adicándolle unhas palabras.
Entre parte e parte do acto, as distintas xeracións dos Chaneiros lle adicarán cancións.
O remate do acto será unha misa, ás 19:00 tamén no salón de actos, para todos aqueles que non puideron asistir o funeral. Esta misa será oficiada polo cura Santos e será unha misa como o Padre Marino sempre quixo, con música de gaitas e cancións cantadas.
Ó remate da misa e para acabar os actos, tódolos gaiteiros presentes tocarán unha canción final na que destacará a presencia de Anxo Lorenzo, gaiteiro internacional e considerado un dos máis grandes, que comezou os seús estudos de gaita baixo as ordes do Padre Marino, ó que lembra con moito cariño. Agradecemos esta colaboración que sae dende o corazón.

Está habilitada unha plataforma para que todo aquel que o desexe poida colaborar aportando documentación ou o video curto para adicar nos actos do homenaxe.

SUBE A TÚA DOCUMENTACION OU VIDEO AQUÍ




sábado, 16 de noviembre de 2019

24/11/2019 - Homenaxe-Misa o Padre Marino Dominguez Chantrero - Fundador de "Os Chaneiros"

O mes pasado (19/10/2019), finou o noso Fundador, Padre Paul e mestre do colexio San Narciso, Marino Domínguez Chantrero, a idade de 84 anos. D.E.P., mestre!

Seguindo a vontade de moitos, que non puideron ir o seu funeral no Santuario dos Milagres de Maceda a presentar as súas condolencias, vaise a realizar unha homenaxe a súa figura en Marín. Concretamente os actos terán lugar no Colexio San Narciso, en Chan do Monte, na que foi a súa casa durante moitos anos.

Os actos serán o día 24 de Novembro (Domingo) e consistirán nun acto homenaxe ás 17:00 na Mesa de Pedra que fica o fondo da pista de atletismo. Recórdannos que el colaborou activamente na súa construcción e é un lugar privilexiado para adicarlle unhas verbas.

Despois do acto na Mesa iremos para o Salón de Actos ónde continuaremos coa homenaxe,  recordando a figura do P. Mariño e o que significou para "Os Chaneiros", o Colexio e tantas outras persoas que tiveron relación con él. Para finalizar ( sobre as 19:00) celebraremos unha misa no súa honra, ónde nos gustaría que soaran gaitas de tódalas épocas dos Chaneiros,  todos tocando xuntos para él.

As cancións que se tocarán na misa serán: Antiguo Reino, Himno Galego, A Barroca e non pode faltar o "Baile da Misa".
Dende a organización deste evento, invitamos a todo aquel que queira colaborar no acto a poñer o seu gran de area.  Quérese aproveitar este evento para facer un reencontro dentro desta gran familia Chaneira, que é o que sempre desexou o Padre Marino

Os medios para colaborar pasan por:
- Xuntarse cos excompañeiros e adicar unha canción libre no acto homenaxe.
- Tocar na misa durante as canción de: entrada, consagración e saída.
- Preparar unhas verbas
- Se non vas a poder asistir e queres participar neste acto, farase un pase de videos o remate da misa de toda a xente que lle queira facer unha dedicatoria. O ideal sería ter videos de non moito máis de 30 segundos. Para isto, estase a crear unha plataforma para que todos poidan subir os seus videos, e incluso, que poidan aportar documentos únicos (fotos, vídeos, documentos antigos...) que Os Chaneiros se encargarán de facer chegar ó museo dos Devanceiros do Santuario de Maceda, na que hai unha sección adicada en exclusiva a "Os Chaneiros".

 Iremos anunciando ás asociacións que se sumen a este evento e lles faremos unha mención especial, e xa lles agradecemos de anteman.

Actualizaremos este post coa información necesaria e a plataforma na que poderedes subir os vídeos.

Calquera dúbida, podedes comunicala o e-mail do grupo: oschaneiros@gmail.com, o seu perfil do grupo de Facebook, ou no teléfono da Asociación 676 46 26 94 (tamén e válido por whatsapp a este mesmo número).


O noso corazón estará sempre contigo, Padre Marino, e só queremos decirche que non nos tomamos a túa marcha con tristeza, senón coa ledicia que sempre intentaches contaxiar. Ti puxexhes os cimentos para que creceran grandes cousas! Adeus Mestre!!


hit counter