Recordade que dentro de dúas semanas acaba o prazo para inscribirse no "III Concurso de Cuartetos Infantiles" do "III Memorial Antonio Fernández". Tendes ata o día 29 de Xuño (Domingo) para anotarvos.
Non deixedes pasar esta oportunidade de comezar no mundo dos Concursos Tradicionais. Este concurso é para vos, xa que é dos 8 anos ós 20 anos (idade que deberase ter no momento da inscripción) e aínda tendes tempo para preparalo!!!!
As cancións son sinxeliñas e resultonas, puidendo elixir 1 de entre 5 pezas de ritmos distintos do repertorio de Antonio Fernández como son:
Peza a interpretar no apartado Antonio Fernández
| ||
Alborada de Oimbra
|
Nova Muiñeira de Monterrey
|
Pily Arias
|
Solpor en Chan do Monte
|
Polca Chaneira II
|
A segunda peza a interpretar e de libre elección, así que poderedes levar esa canción(ou esas, se son varias pezas nunha) que xa tendes preparada e vos dea confianza.
O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín ás 18:00 (os músicos deberán estar ás 17:30).
DOCUMENTOS: NORMAS E FICHA | ||
Bases e texto do concurso - | Pezas a interpretar | Ficha de Inscripción |