Album de Fotos

lunes, 16 de junio de 2014

Quedan poucos días para o Concurso!!!

Recordade que dentro de dúas semanas acaba o prazo para inscribirse no "III Concurso de Cuartetos Infantiles" do "III Memorial Antonio Fernández". Tendes ata o día 29 de Xuño (Domingo) para anotarvos.

Non deixedes pasar esta oportunidade de comezar no mundo dos Concursos Tradicionais. Este concurso é para vos, xa que é dos 8 anos ós 20 anos (idade que deberase ter no momento da inscripción) e aínda tendes tempo para preparalo!!!!

 As cancións son sinxeliñas e resultonas, puidendo elixir 1 de entre 5 pezas de ritmos distintos do repertorio de Antonio Fernández como son:

Peza a interpretar no apartado Antonio Fernández
   Alborada de Oimbra
   Nova Muiñeira de Monterrey
   Pily Arias
   Solpor en Chan do Monte
   Polca Chaneira II



A segunda peza a interpretar e de libre elección, así que poderedes levar esa canción(ou esas, se son varias pezas nunha) que xa tendes preparada e vos dea confianza.

O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín ás 18:00 (os músicos deberán estar ás 17:30). 


DOCUMENTOS:   NORMAS E FICHA
Bases e texto do concurso - Pezas a interpretarFicha de Inscripción



1 Responses (Leave a Comment):

Anónimo dijo...

Aqui está o cartel na páxina de Malmequer

http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=130124