Xa rematados tódolos actos deste II Memorial Antonio Fernández, faremos un breve repaso para todos aqueles que non puideran asistir.
Foi unha mágoa que as altas temperaturas non acompañaran para a execución dos actos. Cabe recordar que este fin de semana atopámosnos con temperaturas preto ós 40 graos, temperaturas ás que non estamos afeitos nesta a nosa terriña. Por mor disto, a afluencia de público non foi a agardada, pero nada disto réstalle a influencia e vistosidade deste Memorial.
Dende a directiva, queremos agradecer a tódalas persoas e asociacións colaboradoras neste acto. Sen eles non sería posible a realización do mesmo e que acadara esa etiqueta de exitoso que lle colgamos sen dubidar.
A lista de agradecementos faise moi longa, pero vamos a nombrar o máis destacado.
- En primeiro lugar, agradecer o Concello de Marín por colaborar activamente coa realización do acto, amén do seu apoio constante. Gracias María Ramallo, Manuel Costas, Beatriz, Pilar...
- Rompendo rutinas de orde e protocolo, o redactor deste blog quere felicitar, de todo corazón, ós membros da Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", polo esforzo desempregado ata a consecución deste Memorial. Moito suor (diso damos boa fe todos) para que o evento creza co paso dos anos, e sega a ser un exemplo de colaboración interna, moito esforzo e sobre todo moitas gañas para que saíra ben. E todo isto, sempre cun sorriso esbozado nas facianas, e co apoio da familia, que traballa tanto coma os membros. "Gracias, Chaneiriños, o noso oficio está ben claro".
- Gracias tamén ós grupos invitados, que soportaron as inclemencias do tempo e non fallaron a cita que se lles había proposto. Miudos de Arcade, pola orixinalidade ofrecida; Cantodorxo do Grove, qué bonitos bailes!; Solaina de Moaña, moita frescura; e a Trompos os Pés, de Marín.
- Xulio Santos e Teresa Landín, grandes condutores dos actos, preparados para todo, e demostrando a súa valía como presentadores todoterreo. Non hai nadie que poida falar de Antonio e Os Chaneiros mellor ca eles. Mil gracias.
- Gracias ás "Nenas de Antonio" ás que este ano foron tema na presentación dos actos o Venres no museo "Manuel Torres".
- ¿Qué sería do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior sen o noso exclusivo xurado?
- Anxo Lorenzo, un crack, tanto como músico coma persoa. Presidiu con autoridade a mesa do xurado. Poderíanse dicir moitas cousas del, pero gustaríame reseñar unha frase dirixida á Música de Antonio, e que explica ás mil marabillas o esprito do evento:
[Nota del redactor: muchas veces pude comprobar lo que dice Anxo, pero nunca de una manera tan clara como en el Memorial, con ejemplo anecdótico y entrañable de la pequeña Edith (la más peque del grupo con 3 años) que tanto el viernes como el domingo, se lanzó a bailar en cuanto escuchó la canción de Antonio: O Pelouro. Dos momentos separados en el tiempo, misma canción]
- "No es que la música de Antonio sea sencilla por estar compuesta para niños. La música es música, y aunque una melodía sea sencilla, lo que tiene que hacer es llegarte (al corazón), y Antonio conseguía eso con sus melodías"
- Miguel Fraguas, o noso querido mestre de percusión. Sempre disposto a axudarnos en todo, demostrándo a súa profesionalidade.
- Cristobal Prieto, artesano de instrumentos tradicionaís afincado no Hío e mestre de gaitas. Graciñas polo esforzo de vir de viaxe e case directamente ó Memorial
- Luis, concelleiro de Marín e músico dende hai moitos anos.
- Gracias á familia de Antonio, que coa súa presencia e apoio, danlle ó acto o toque sentimental que ninguén máis lle pode dar.
- En fin, seguro que me falta moita xente, a cal xa irei agregando. ¡¡Moitas gracias a todos!!
Non vos perdades as entradas de mañá, onde falaremos máis dos eventos en particular.
Como adianto, velaquí vai o resultado do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior, noraboa ás gañadoras.
0 Responses:
Publicar un comentario