Album de Fotos

lunes, 8 de julio de 2013

Finaliza o II Memorial Antonio Fernández

Xa rematados tódolos actos deste II Memorial Antonio Fernández, faremos un breve repaso para todos aqueles que non puideran asistir.

Foi unha mágoa que as altas temperaturas non acompañaran para a execución dos actos. Cabe recordar que este fin de semana atopámosnos con temperaturas preto ós 40 graos, temperaturas ás que non estamos afeitos nesta a nosa terriña. Por mor disto, a afluencia de público non foi a agardada, pero nada disto réstalle a influencia e vistosidade deste Memorial.

Dende a directiva, queremos agradecer a tódalas persoas e asociacións colaboradoras neste acto. Sen eles non sería posible a realización do mesmo e que acadara esa etiqueta de exitoso que lle colgamos sen dubidar.

A lista de agradecementos faise moi longa, pero vamos a nombrar o máis destacado.

  • En primeiro lugar, agradecer o Concello de Marín por colaborar activamente coa realización do acto, amén do seu apoio constante. Gracias María Ramallo, Manuel Costas, Beatriz, Pilar...
  • Rompendo rutinas de orde e protocolo, o redactor deste blog quere felicitar, de todo corazón, ós membros da Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", polo esforzo desempregado ata a consecución deste Memorial. Moito suor (diso damos boa fe todos) para que o evento creza co paso dos anos, e sega a ser un exemplo de colaboración interna, moito esforzo e sobre todo moitas gañas para que saíra ben. E todo isto, sempre cun sorriso esbozado nas facianas, e co apoio da familia, que traballa tanto coma os membros. "Gracias, Chaneiriños, o noso oficio está ben claro".
  • Gracias tamén ós grupos invitados, que soportaron as inclemencias do tempo e non fallaron a cita que se lles había proposto. Miudos de Arcade, pola orixinalidade ofrecida; Cantodorxo do Grove, qué bonitos bailes!; Solaina de Moaña, moita frescura; e a Trompos os Pés, de Marín.
  • Xulio Santos e Teresa Landín, grandes condutores dos actos, preparados para todo, e demostrando a súa valía como presentadores todoterreo. Non hai nadie que poida falar de Antonio e Os Chaneiros mellor ca eles. Mil gracias.
  • Gracias ás "Nenas de Antonio" ás que este ano foron tema na presentación dos actos o Venres no museo "Manuel Torres".
  • ¿Qué sería do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior sen o noso exclusivo xurado?
    • Anxo Lorenzo, un crack, tanto como músico coma persoa. Presidiu con autoridade a mesa do xurado. Poderíanse dicir moitas cousas del, pero gustaríame reseñar unha frase dirixida á Música de Antonio, e que explica ás mil marabillas o esprito do evento: 
    • "No es que la música de Antonio sea sencilla por estar compuesta para niños. La música es música, y aunque una melodía sea sencilla, lo que tiene que hacer es llegarte (al corazón), y Antonio conseguía eso con sus melodías"
[Nota del redactor: muchas veces pude comprobar lo que dice Anxo, pero nunca de una manera tan clara como en el Memorial, con ejemplo anecdótico y entrañable de la pequeña Edith (la más peque del grupo con 3 años) que tanto el viernes como el domingo, se lanzó a bailar en cuanto escuchó la canción de Antonio: O Pelouro. Dos momentos separados en el tiempo, misma canción]
    • Miguel Fraguas, o noso querido mestre de percusión. Sempre disposto a axudarnos en todo, demostrándo a súa profesionalidade.
    • Cristobal Prieto, artesano de instrumentos tradicionaís afincado no Hío e mestre de gaitas. Graciñas polo esforzo de vir de viaxe e case directamente ó Memorial
    • Luis, concelleiro de Marín e músico dende hai moitos anos.
  • Gracias á familia de Antonio, que coa súa presencia e apoio, danlle ó acto o toque sentimental que ninguén  máis lle pode dar.
  • En fin, seguro que me falta moita xente, a cal xa irei agregando. ¡¡Moitas gracias a todos!!
Non vos perdades as entradas de mañá, onde falaremos máis dos eventos en particular.

Como adianto, velaquí vai o resultado do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior, noraboa ás gañadoras.

0 Responses: