Dende a Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", queremos presentarvos a nosa oferta para este ano en formación de música tradicional.
sábado, 10 de septiembre de 2022
Novo Curso 2022-2023
lunes, 29 de agosto de 2022
IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022
E xa temos aquí
IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022
A Asociación Artística Cultural OS CHANEIROS retoma, tras a pandemia, a celebración do IX Memorial Antonio Fernández na súa 9 edición, encontro anual de músicos tradicionais, coa colaboración do Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra.
Nestes anos a
agrupación tivo baixas tan importantes coma as do seu fundador, o padre Marino
Domínguez, e de Pepita Reiriz, muller de Antonio Fernández, motivo de máis para
retomar a celebración do Memorial. Descanse a súa memoria.
O encontro celebrarase o domingo día 4 a partir das sete e media da tarde, cando terá lugar a recepción dos grupos participantes no salón de plenos da casa consistorial. A continuación, realizarase o desfile dos grupos polas rúas ata a Alameda Rosalía de Castro de Marín onde terá lugar o festival de música tradicional ás 20:00 (sempre que o tempo o permita, senón trasladarase o multiusos da Praza de Abastos).