Os Chaneiros xunto co Colexio San Narciso de Marín e colaboradores
que foron membros de Os Chaneiros de outras épocas, realizarán o Domingo
día 24 unha homenaxe a memoria do seu fundador finado o mes pasado, o
Padre Marino Domínguez Chantrero. Dende aquí facemos un chamamento a
tódolos compoñentes do grupo de todas as xeracións para colaborar ou
sólo asistir o acto.
Tras 45 anos da Asociación "Os
Chaneiros", a morte do noso fundador deixa un vacío nos corazón de todo
aquel que pertenceu a esta banda. É por iso que este ano se cancelan
tódolos eventos relacionados co 45 aniversario, en sinal de loito.
Os
actos de homenaxe realizaranse o domingo día 24 de Novembro no Colexio
San Narciso, o que foi o seu fogar durante moitos anos, e na que deu
clase. Foi aquí onde crearía o grupo Os Chaneiros. Coa colaboración de Antonio Fernández, vedel do colexio e compositor do grupo ó que tódolos anos se lle adica o "Memorial Antonio Fernández".
Ás
17:00 comezará un acto na mesa de pedra situado no final da mesa de
atletismo do colexio. Mesa artística na que el colaborou moi activamente
na súa creación. Alí, o colexio San Narciso lle adicará unha placa que
quedará no recordo da sua memoria e servirá para dalo a coñecer por
tódolos alumnos que pasen por alí. Contaremos, se o tempo acompaña,
cunhas palabras dun dous seus compañeiros de fatigas, o hermano Merino, e
alí Os Chaneiros tocarán unha peza adicada o seu fundador.
Acto
seguido, realizarase un pequeno pasarrúas dende a mesa de pedra ata o
salón de actos do San Narciso. Alí comezará un acto homenaxe moi
completo. O hermano Eligio Rivas (un dos máis ilustres historiadores de
Galicia), adicará unhas palabras o seu compañeiro Paúl co que viviu
tantas e tantas aventuras.
Realizarase unha pequena
proxección con fotos e videos antigos, e ademáis, de tódas aquelas
persoas que non poidan acudir a este chamamento e queiran grabar un
video corto adicándolle unhas palabras.
Entre parte e parte do acto, as distintas xeracións dos Chaneiros lle adicarán cancións.
O
remate do acto será unha misa, ás 19:00 tamén no salón de actos, para todos aqueles que non puideron
asistir o funeral. Esta misa será oficiada polo cura Santos e será unha
misa como o Padre Marino sempre quixo, con música de gaitas e cancións
cantadas.
Ó remate da misa e para acabar os actos, tódolos gaiteiros presentes tocarán unha canción final na que destacará a presencia de Anxo Lorenzo,
gaiteiro internacional e considerado un dos máis grandes, que comezou
os seús estudos de gaita baixo as ordes do Padre Marino, ó que lembra
con moito cariño. Agradecemos esta colaboración que sae dende o corazón.
SUBE A TÚA DOCUMENTACION OU VIDEO AQUÍ