Despois doutro ano con numerosas actuacións. Este Sábado voltamos a carga de estudar para seguir mellorando e perfeccionando o noso estilo.
Como escola, a nosa labor e ensinar os rapaces na nosa cultura galega. Por iso, comezamos un novo curso cos mellores mestres e cun novo e ambicioso proxecto, feito para o disfrute de todos.
Contacta no 676 462 694 para consultar a nosa programación e os nosos horarios.
O noso local de ensaio está sito no colexio San Narciso. Contamos con instalacións adecuadas para o ensaio, tanto musical coma danza.
Haberá clases de:
- Gaita
- Percusión
- Baile tradicional
Tanto en nivel de iniciación coma perfeccionamento.
Temos precios populares, non atoparás mellor oferta. Chama sen compromiso para informarte.
Mestres:
- Gaita: Cristobal Prieto e Adrián Insua. Abarcarán solfeo, aprendizaxe musical e perfeccionamiento da gaita.
- Percusión: Miguel Fraguas (Miguel Tenorio) que iniciará ós rapaces nos ritmos tradicionais e formará con novas técnicas os máis avezados.
O horario das clases distribuirase os Venres de tarde e os Sábados de mañanciña.
0 Responses:
Publicar un comentario