A Asociación Artístico Cultural
“Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín ten o
orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido
cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández
Rodríguez.
Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o “III Memorial Antonio
Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a
súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.
{As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na
súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.}
O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, que este ano coincide co 40 ANIVERSARIO do grupo, o Domingo 13 de Xullo. As entradas do primeiro Memorial tédelas máis abaixo.
MODALIDADE
Cuartetos
de gaitas e percusión tradicional galega.
CATEGORIAS
Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta
por membros dentro das idades que se mencionan:
Categoría
única: Entre 8 e 20 anos.
A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.
REQUIRIMENTOS
Os
grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
Deberá
disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os
datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro
de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu
contraste.
Os datos
dos participantes estarán protexidos pola
Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén
deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado
polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a
organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos
gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así
como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.
CRITERIOS
- O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
- Afinación e interpretación
- Dificultade da peza
- Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
- A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.
PREMIOS
- Primeiro Premio: Trofeo e 250 €
- Segundo Premio: Trofeo e 150 €
- Terceiro Premio: Trofeo e 100 €
BASES CONCURSO
Modalidade: Cuartetos
Tradicionais Juniors
- Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.
- Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.
- Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos.
- É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.
- As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.
- A interpretación constará de dúas pezas.
- A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible.
- A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. “Os Chaneiros” se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.
- O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
- Afinación e interpretación
- Dificultade da peza
- Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
- Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
- O concurso celebrarase o Domingo 6 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Multiusos da Praza de Abastos de Marín, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).
- O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 29 de xuño (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .
- A inscripción realizarase a través do e-mail: oschaneiros@gmail.com. A ficha de inscripción poderase descargar da páxina web www.oschaneiros.blogspot.com dentro do apartado concurso.
- O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
- A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.
- Establecerase a seguinte cuantía de premios:
Categoría Única:
·
Primeiro premio
(250 € e trofeo)
·
Segundo premio
(150 € e trofeo)
·
Terceiro premio
(100 € e trofeo)
- A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Descargas: