“Marín, é unha das poucas cidades galegas que se honra de ter entre os
seus cidadáns un número de persoas tan elevado, que entenden, viven e defenden
a música folclórica da nosa terra, nunha palabra e un auténtico berce de melómanos.“
Grandes músicos naceron en Marín, como
o exaltado compositor don Francisco Landín, pero foron moitos os que contribuíron
a aumentar o legado musical deste Concello. Moitos deles aínda non teñen recoñecido
a súa labor, este é o caso de Antonio Fernández Rodríguez.
Como herdeiros da súa obra, Os
Chaneiros, non poden facer outra cousa que lle render homenaxe a un home que
participou xunto co Padre Marino, nun proxecto inédito na súa época, apostando
pola infancia, convertendo un grupo de cativos e cativas, en perfectos
embaixadores da Tradición Musical Galega, como así o demostraron tanto dentro
como fora de Galicia.
Moitos son os músicos que naceron
deste proxecto, moitos os que seguen mantendo viva a tradición galega, incluso
a nivel internacional como é o caso dos gaiteiros Budiño e Anxo Lorenzo. Todos
eles destacan a súa figura dentro deste proxecto.
“Antonio Fernández Rodríguez, músico de soleira que non para en
facer novas tarefas para este grupo, o que axuda coa súa inestimable colaboración
o continuo renovamento de músicos e obras.”
Antonio Fernández Rodríguez, nado en
Estevesiños concello de Monterrey (1927-2011), foi músico de vocación, dende
que ós 18 anos formara parte da Banda de Música Militar de
Coruña, a súa vida estibo estreitamente vinculada a música. Xa en Marín, en 1952,
únese como clarinete a unha banda de música subvencionada polo Concello de
Marín para animar festas e actos
públicos. En 1973, inicia o seu traballo como bedel no Colexio San Narciso, momento
no cal únese ó proxecto do Padre Marino Domínguez: a creación dunha banda de gaitas infantil.
A labor de Antonio Fernández non só se
limitou á formación da banda de gaitas infantil, senón que cabe destacar as
numerosas cancións dedicadas e creadas para este proxecto que foi e grazas a el
segue sendo “Os Chaneiros”.
Falar de Antonio Fernández é entender
a importancia que ten a INFANCIA na
transmisión da Música Tradicional Galega, na nosa Identidade. A estas alturas é
imposible negar que ese proxecto que naceu fai 38 anos no Colexio Padres
Paules, das mans do Padre Marino e Antonio Fernández, non tivo éxito, pois a
semente que plantaron neses nenos e nenas segue dando o seu froito.
Aprendendo dos nosos orixes, queremos
involucrar a todos os nenos e nenas na Tradición Musical Galega, non só como
escola que xa somos, senón dando un paso mais, creando o MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ unha maneira de premiar e exaltar a
dedicación deses rapaces e rapazas que traballan a prol da Cultura Galega, á
vez que recoñecemos e poñemos en valor o importantísimo traballo levado acabo
por Antonio.
ACTOS dentro do
Memorial:
- ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO FERNANDEZ
- PRESENTACION DO MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ
- FESTIVAL INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL
- CONCURSO INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL
0 Responses:
Publicar un comentario