
A filosofía deste grupo foi desde un principio, e segue a selo agora,ensinar. Por este grupo pasaron centos de gaiteiros e gaiteiras (nunha época na que causaba moi diversas reaccións nos diferentes pobos o feito de ver rapazas tocando a gaita). Algúns deles son agora gaiteiros ilustres, coma Anxo Lorenzo, artísta de proxección mundial co cal o grupo mantén unha estreita relación; Xosé Manuel Budiño, que logo, por razóns xeográficas, abandonaría este grupo para completar a súa formación da man de Moxenas no grupo "Semente Nova" de Moaña, lugar onde residía.

Na actualidade, o padre Marino Domínguez (2019) e Antonio Fernández (2012) xa non están con nos, pero séguese mantense a mesma filosofía, con un engadido: xa non se producen escisións ó chegar a certas idades. De feito, os rapaces que compoñen o grupo teñen entre 4 e 70 anos, incluso colaboran algúns pais, un amplo abano de xeracións, obxectivos, experiencias e inquedanzas perfectamente compatibles.
O grupo conta con 20 membros. O ámbito de actuacións é bastante amplo. Inscrito no Concello de Marín e na Deputación de Pontevedra ofrece numerosas actuacións (xa sexa como banda de gaitas ou como grupo folclórico) nos seus propios concello e provincia. Abrangue ademáis toda a comunidade galega (sendo notable o caso da provincia de Ourense).
0 Responses:
Publicar un comentario