Album de Fotos

viernes, 28 de marzo de 2008

Historia






O grupo folclórico "Os Chaneiros" formouse no ano 1974, da man do padre Marino Domínguez Chantrero, mestre do colexio San Narciso - PP.Paúles de Marín en colaboración con Antonio Fernández Rodríguez - compositor - e coas composicións do Mestre Francisco Landín, nunha época na que toca-la gaita non "estaba de moda". Esta tarefa comezouna buscando polas aulas deste colexio rapaces que quixesen tocar este instrumento. Contou coa colaboración de Loli Álvarez, Julio Santos Pena e Pili Ballesteros.

A filosofía deste grupo foi desde un principio, e segue a selo agora,ensinar. Por este grupo pasaron centos de gaiteiros e gaiteiras (nunha época na que causaba moi diversas reaccións nos diferentes pobos o feito de ver rapazas tocando a gaita). Algúns deles son agora gaiteiros ilustres, coma Anxo Lorenzo, artísta de proxección mundial co cal o grupo mantén unha estreita relación; Xosé Manuel Budiño, que logo, por razóns xeográficas, abandonaría este grupo para completar a súa formación da man de Moxenas no grupo "Semente Nova" de Moaña, lugar onde residía.

 
Na actualidade o padre Marino está desvinculado do grupo, pero mantense a mesma filosofía, con un engadido: xa non se producen escisións ó chegar a certas idades. De feito, os rapaces que compoñen o grupo teñen entre 4 e 30 anos, incluso colaboran algúns pais, un amplo abano de xeracións, obxectivos, experiencias e inquedanzas perfectamente compatibles.

O grupo conta con 30 membros. O ámbito de actuacións é bastante amplo. Inscrito no Concello de Marín e na Deputación de Pontevedra ofrece numerosas actuacións (xa sexa como banda de gaitas ou como grupo folclórico) nos seus propios concello e provincia. Abrangue ademáis toda a comunidade galega (sendo notable o caso da provincia de Ourense).


0 Responses: