lunes, 29 de agosto de 2022

IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022


 E xa temos aquí

IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022

 

A Asociación Artística Cultural OS CHANEIROS retoma, tras a pandemia, a celebración do IX Memorial Antonio Fernández na súa 9 edición, encontro anual de músicos tradicionais, coa colaboración do Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra.

Nestes anos a agrupación tivo baixas tan importantes coma as do seu fundador, o padre Marino Domínguez, e de Pepita Reiriz, muller de Antonio Fernández, motivo de máis para retomar a celebración do Memorial. Descanse a súa memoria.

O encontro celebrarase o domingo día 4 a partir das sete e media da tarde, cando terá lugar a recepción dos grupos participantes no salón de plenos da casa consistorial. A continuación, realizarase o desfile dos grupos polas rúas ata a Alameda Rosalía de Castro de Marín onde terá lugar o festival de música tradicional ás 20:00 (sempre que o tempo o permita, senón trasladarase o multiusos da Praza de Abastos).

Este certame musical naceu no ano 2012 co obxectivo principal de promover a música e o baile tradicional galego, así como dar un pulo e poñer en valor o traballo, máis aínda despois dunha pandemia, de todos os colectivos para manter viva a nosa cultura.

 
Neste evento festivo para honrar a memoria de Antonio Fernández e o Padre Marino Domínguez, ás 20:00 na Alameda de Marín vannos a acompañar estes magníficos grupos:

- Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei. Dende Tui 
 


- Grupo de Gaitas Lumieiras do Morrazo. Dende Cangas
 



- Asociación Cultural Trompos os Pés. Dende Marín
 
- Asociación Artístico Cultural Os Chaneiros de Marín pecharan o acto
 



0 Responses:

hit counter