jueves, 7 de septiembre de 2023

X Memorial Antonio Fernández 2023

 Xa temos organizado o décimo Memorial de Antonio Fernández, neste ano 2023. 


Será este sábado día 9 de Setembro ás 20:00. O lugar será no multiusos da Praza de Abastos de Marín. Este evento englobarase dentro das actividades do Concello de Marín para celebrar a súa patrona, Santa María del Puerto.


A cita orixinal sería na Alameda de Marín, pero por mor da choiva según as previsións, trasladarase o Multiusos da Praza de Abastos, que non desmerecerá o evento.


Neste Memorial recórdase con moito cariño a unha personaxe moi importante para Os Chaneiros e a cultura tradicional galega, Antonio Fernández. Vedel do San Narciso e compositor dun sinfín de composicións tradicionais. Algunhas moi recoñecidas dentro do mundo da gaita.


Pero como Chaneiros, tamén nos é importante aproveitar este acto para recordar outras figuras moi importantes para esta asociación: 


O Padre Marino Domínguez, impulsor e fundador do grupo, que finou o 19 de Outubro do ano 2019. Sempre o recordaremos con moito cariño e sentímonos moi ledos de poder facerlle en vida todas as homenaxes e recoñecementos que estaban na nosa man.


Tamén recordar a Eligio Rivas, ilustre historiador de Galicia, que colaborou sempre en todo o que pudo cos Chaneiros. Sempre estivo ahí cando se precisou.


Julio Santos, outro impulsor deste grupo, sempre ten boas palabras e anécdotas para recordar estas figuras tan importantes. Poñemos un enlace o seu blog: "os-chaneiros-recordaran-el-proximo-sabado-a-antonio-fernandez-en-su-decimo-memorial"


Mil gracias por poñer en marcha esta gran familia que é Chaneiros. 


Gran familia, sí, porque o que foi Chaneiro algúnha vez, garda con cariño ese recordo no seu corazón. Nada nos enche máis de orgullo ver a antigos membros expresar con ledicia: "Eu fun Chaneiro". Ese sentimento non ten prezo.


Para conmemorar este Memorial, realizarase un Festival Tradicional no que estarán os seguintes grupos:

- “Soalleira de Dorrón”, de Sanxenxo; 

- “San Telmo” de Tuy; 

- “Trompos ós Pes”, de Marín 

“Os Chaneiros”, de Marín


Estades todos convidados!!!



sábado, 10 de septiembre de 2022

Novo Curso 2022-2023


Dende a Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", queremos presentarvos a nosa oferta para este ano en formación de música tradicional.

 
Como escola, a nosa labor e ensinar ós rapaces na nosa cultura galega. Por iso, comezamos un novo curso cos mellores mestres e cun novo e ambicioso proxecto, feito para o disfrute de todos.

Contacta no 676 462 694 para consultar a nosa programación e os nosos horarios.
O noso local de ensaio está sito no colexio San Narciso. Contamos con instalacións adecuadas para o ensaio, tanto musical coma danza, cumplindo os protocolos COVID.

Haberá clases de:

- Gaita
- Percusión
- Baile tradicional

Tanto en nivel de iniciación coma perfeccionamento temos precios populares. Non atoparás mellor oferta. Chama sen compromiso para informarte.

Mestres: 
- Gaita: Cristobal Prieto e Adrián Insua. Abarcarán solfeo, aprendizaxe musical e perfeccionamiento da gaita.
- Percusión: Miguel Fraguas (Miguel Tenorio) que iniciará ós rapaces nos ritmos tradicionais e formará con novas técnicas os máis avezados.
- Baile galego: Pendiente de confirmar o horario

O horario das clases distribuirase os Xoves de tarde e os Sábados de mañanciña. Nesta páxina sairán os horarios definitivos.

lunes, 29 de agosto de 2022

IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022


 E xa temos aquí

IX MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2022

 

A Asociación Artística Cultural OS CHANEIROS retoma, tras a pandemia, a celebración do IX Memorial Antonio Fernández na súa 9 edición, encontro anual de músicos tradicionais, coa colaboración do Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra.

Nestes anos a agrupación tivo baixas tan importantes coma as do seu fundador, o padre Marino Domínguez, e de Pepita Reiriz, muller de Antonio Fernández, motivo de máis para retomar a celebración do Memorial. Descanse a súa memoria.

O encontro celebrarase o domingo día 4 a partir das sete e media da tarde, cando terá lugar a recepción dos grupos participantes no salón de plenos da casa consistorial. A continuación, realizarase o desfile dos grupos polas rúas ata a Alameda Rosalía de Castro de Marín onde terá lugar o festival de música tradicional ás 20:00 (sempre que o tempo o permita, senón trasladarase o multiusos da Praza de Abastos).

Este certame musical naceu no ano 2012 co obxectivo principal de promover a música e o baile tradicional galego, así como dar un pulo e poñer en valor o traballo, máis aínda despois dunha pandemia, de todos os colectivos para manter viva a nosa cultura.

 
Neste evento festivo para honrar a memoria de Antonio Fernández e o Padre Marino Domínguez, ás 20:00 na Alameda de Marín vannos a acompañar estes magníficos grupos:

- Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei. Dende Tui 
 


- Grupo de Gaitas Lumieiras do Morrazo. Dende Cangas
 



- Asociación Cultural Trompos os Pés. Dende Marín
 
- Asociación Artístico Cultural Os Chaneiros de Marín pecharan o acto
 



viernes, 3 de septiembre de 2021

Son de Marín 2021

Outro ano máis imos a participar neste evento, co que vimos colaborando dende os seus inicios.

O son de Marín aúna a moitos músicos da vila para darlle a coñecer a todo o mundo que Marín é terra de artistas dende sempre.

"El son de Marín tiene como objetivo llenar el casco urbano de sonidos musicales a lo largo de una jornada completa, reuniendo un buen número de músicos y repartiendolos por diferentes plazas y calles de Marin"

 Neste ano, homenaxéase tamén a nosa ex-presidenta Lucía Budiño. Ben merecido ten o homenaxe despois de máis dunha decada a fronte da Asociación. Noraboa Lucía!!



miércoles, 1 de septiembre de 2021

Memorial Antonio Fernández 2021


Dende a Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, e en vista da inestabilidade sanitaria, queremos comunicar a suspensión dos actos referentes ó Memorial Antonio Fernández que terían lugar, como tódolos anos, no segundo fin de semana de Setembro. Habitualmente formaban parte do programa das festas patronais da Virxe do Porto do Concello de Marín.

Un dos puntos principais do Memorial é  a actuación de distintas Agrupacións de distintas partes de Galicia, xuntanza que, neste momento, supón un importante risco levar a cabo.

Dende a directiva confíase en poder celebrar tódolos actos do que sería o “Memorial Antonio Fernández” o vindeiro ano coa normalidade e o éxito de sempre. Agradecer ó Concello de Marín, a tódolos colaboradores e a tódalas persoas que ano tras ano interveñen e fan posible a persistencia deste Memorial Antonio Fernández.

 

hit counter