viernes, 7 de septiembre de 2018

VII Memorial Antonio Fernández

Xa só queda un día para que comecen os actos do VII Memorial Antonio Fernández, organizado polos Chaneiros de Marín e colaborando co Concello de Marín e Dibay eventos. Teremos actos os días 8 e 9 de setembro na alameda de Marín.



Éste vai ser un memorial especial, xa que decidimos darlle un novo aire introducíndonos máis na historia de Marín.

Este ano, aparte de recordar e honrar a memoria de Antonio Fernández e a súa música, lembraremos a figura de Francisco Landín.

Landín tivo unha gran influencia na cultura da vila e de Galicia. As súas composicións demostran un gran nivel, e abarcan unha grande tipoloxía de estilos. Así compuxo pezas tanto para banda coma para gaita, rondalla, coral... . Sempre innovando en intensa colaboración cos grupos de Marín.

Dende os Chaneiros só podemos agradecer a estes dous grandísimos compositores o traballo realizado, moito en exclusiva para Os Chaneiros.

Con tanto cariño recordamos os máis veteranos do grupo o orgullo que sentíamos (e aínda sentimos) cando nas nosas actuacións tocábamos tantas pezas con nomes de rúas e lugares de Marín e arredores. Sabiamos que estábamos a defender e espallar a cultura e historia do noso pobo e homenaxeando a memoria de estes dous compositores.

A intención do grupo foi sempre infundir estos valores nos novos rapaces que comezan. A nosa obriga é dar a coñecer a labor do padre Marino e de Antonio Fernández como fundadores dun grupo, que suporía unha revolución en moitos eidos. Agradecer tamén a colaboración (coas súas obras) do mestre Landín.

Gracias a todas esas persoas que fixeron e que fan posible que este grupo, despois de 44 anos, manteña a ilusión de facer as cousas ben e cuns valores que hoxe en día son difíciles de ter.

Xa postos no memorial, o programa dos actos divídese en dous intensos días:


  • O sábado 8 de Setembro, teremos o tradicional Festival Infantil. Que comprende un pasarrúas dende o Concello ata a alameda ás 18,30. Despois, dará lugar a actuación dos grupos: Chaneiros de Marín, Foula de Cotobade e Trompos os pés de Marín.

  • O domingo 9 de Setembro, terá lugar á homenaxe á música de Marín, cun acto en memoria de Francisco Landín. Farase un percorrido pola historia da música en Marín e contará con actuacións dos grupos nos que Landín tivo máis influencia, que son: A Banda de Música de Marín, os gaiteiros Os de Marín e a Asociación Artístico Cultural Os Chaneiros de Marín. Cada un aportará o seu gran de area e rematarase o acto coa interpretación dunha peza na que participarán os 3 grupos.
Este evento estará conducido pola nosa benquerida Teresa Landín (Tesi), que sempre que a precisamos nos está a agardar cos brazos abertos. Gracias, Tesi!

Sen máis, agradecer a todos estos grupos (ben considerados amigos) e a toda persoa que botou unha axudiña para que todo isto sexa posible.

Vinde a disfrutar!


hit counter