Album de Fotos

lunes, 3 de julio de 2017

VI Concurso de Cuartetos Tradicionais - Memorial Antonio Fernández

A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Este ano cambiase a fecha do “VI Memorial Antonio Fernández” para o mes de Setembro, e englobándose nas festas da Virxe do Porto.

O Concurso celebrarase o Domingo 10 de Setembro ás 20:00 na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra. 

A data límite de presentación de solicitudes será o domingo día 02 de Setembro.



E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 09 de Setembro, tamén na Alameda Rosalía de Castro.

MODALIDADE 


  Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS


Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

 Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.


A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS

 Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción  debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

 Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS

  • O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
  • Afinación e interpretación
  • Dificultade da peza
  • Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  • A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS

Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
  •  Primeiro Premio: Trofeo e 200 €
  •  Segundo Premio: Trofeo e 100 €
  •  Terceiro Premio: Trofeo
  • Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 € en concepto de achega para os gastos de
    desprazamento.
  
Descargas:

0 Responses: