A música de Antonio Fernández busca que os rapaces poidan interactuar uns cos outros seguindo as premisas anteriores e comunicándose nun idioma que puideran falar todos á vez, apoiándose e axudándose para o final expresar todos algo fermoso en conxunto.
A Asociación Artístico Cultural
“Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín ten o
orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido
cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández
Rodríguez.
Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o “III Memorial Antonio
Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a
súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.
{As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na
súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.}
O Concurso celebrarase o Domingo 12 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra.
E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial.
MODALIDADE
Cuartetos
de gaitas e percusión tradicional galega.
CATEGORIAS
Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta
por membros dentro das idades que se mencionan:
Categoría
única: Entre 8 e 20 anos.
A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.
REQUIRIMENTOS
Os
grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
Deberá
disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os
datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro
de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu
contraste.
Os datos
dos participantes estarán protexidos pola
Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén
deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado
polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a
organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos
gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así
como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.
CRITERIOS
- O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
- Afinación e interpretación
- Dificultade da peza
- Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
- A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.
PREMIOS
- Primeiro Premio: Trofeo e 200 €
- Segundo Premio: Trofeo e 100 €
- Terceiro Premio: Trofeo
- Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 € en concepto de achega para os gastos de
desprazamento.
- Descargas:
0 Responses:
Publicar un comentario