viernes, 3 de octubre de 2014

Comezamos o Curso 2014-2015. Ven aprender!

Aquí tendes os horarios deste novo curso. Coma sempre, recomendámosvos que os imprimades e os peguedes ó refrixerador, así quedará moito máis claro para todos.

O horario dos cursos será:

SABADOS: (San Narciso)
  • 11:00 - 12:00 Iniciación de Gaita - Profesor: Adrián Insua
  • 11:00 - 12:00 Iniciación de Percusión - Profesor: Miguel Fraguas
  • 12:00 - 13:00 Perfeccionamiento Gaita - Profesor:  Adrián Insua
  • 12:00 - 13:00 Perfeccionamiento de Percusión - Profesor: Miguel Fraguas
  • 13:00 - 13:30 Ensayo de Banda

MIERCOLES: (San Narciso)
  • 17:00 - 18:00 Iniciación de gaita - Profesor: Adrián Insua
  • 18:00 - 19:00 Perfeccionamiento de gaita - Profesor: Adrián Insua


VIERNES: (San Narciso)
  • 18:30 - 19:30 Ensayo de Pequeños de Baile. Profesor: Damián Cordo
  • 19:30 - 21:30 Ensayo de Mayores de Baile. Profesor: Damián Cordo
 
E non olvidedes que este Sábado día 4 escomenzamos novo curso.

Ós que non o fixeran, aínda están a tempo. Só hai que ir o sábado 4 ó Colexio San Narciso ás 11 da mañá (hai que ir ó Ximnasio do Colexio, que se atopa debaixo do salón de actos), e alí xa vos comentamos todo o necesario.

Non perdas a oportunidade de formar parte dunha gran familia e de promover con orgullo a nosa cultura

viernes, 18 de julio de 2014







III MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2014
 ACTOS DO DIA 13 DE XULLO E FESTIVAL TRADICIONAL INFANTIL











miércoles, 9 de julio de 2014




 CENA 40 ANIVERSARIO no colexio PP.PP. San Narciso / ASOCIACION OS CHANEIROS


lunes, 16 de junio de 2014

Quedan poucos días para o Concurso!!!

Recordade que dentro de dúas semanas acaba o prazo para inscribirse no "III Concurso de Cuartetos Infantiles" do "III Memorial Antonio Fernández". Tendes ata o día 29 de Xuño (Domingo) para anotarvos.

Non deixedes pasar esta oportunidade de comezar no mundo dos Concursos Tradicionais. Este concurso é para vos, xa que é dos 8 anos ós 20 anos (idade que deberase ter no momento da inscripción) e aínda tendes tempo para preparalo!!!!

 As cancións son sinxeliñas e resultonas, puidendo elixir 1 de entre 5 pezas de ritmos distintos do repertorio de Antonio Fernández como son:

Peza a interpretar no apartado Antonio Fernández
   Alborada de Oimbra
   Nova Muiñeira de Monterrey
   Pily Arias
   Solpor en Chan do Monte
   Polca Chaneira II



A segunda peza a interpretar e de libre elección, así que poderedes levar esa canción(ou esas, se son varias pezas nunha) que xa tendes preparada e vos dea confianza.

O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín ás 18:00 (os músicos deberán estar ás 17:30). 


DOCUMENTOS:   NORMAS E FICHA
Bases e texto do concurso - Pezas a interpretarFicha de Inscripción



viernes, 18 de abril de 2014

Bases e ficha de inscripción do "III Concurso de cuartetos Junior"



A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o “III Memorial Antonio Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

{As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.}
                                                                       

O Concurso celebrarase o Domingo 6 de Xullo no Multiusos da Praza de Abastos de Marín. 


E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, que este ano coincide co 40 ANIVERSARIO do grupo, o Domingo 13 de Xullo. As entradas do primeiro Memorial tédelas máis abaixo.

MODALIDADE 


  Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS


Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

 Categoría única: Entre 8 e 20 anos.


A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS

 Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción  debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

 Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS

  • O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
  • Afinación e interpretación
  • Dificultade da peza
  • Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  • A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS

Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
  •  Primeiro Premio: Trofeo e 250 €
  •  Segundo Premio: Trofeo e 150 €
  •  Terceiro Premio: Trofeo e 100 € 

BASES CONCURSO



Modalidade: Cuartetos Tradicionais Juniors

  • Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.
  •    Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.
  • Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos.
  • É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.
  • As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.
  • A interpretación  constará de dúas pezas.
    •  A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible. 
    • A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. “Os Chaneiros” se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.
  •   O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
    •     Afinación e interpretación
    •     Dificultade da peza
    •    Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  •  Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
  •  O concurso celebrarase o Domingo 6 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Multiusos da Praza de Abastos de Marín, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).
  • O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 29 de xuño (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .
  • O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
  • A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.
  • Establecerase a seguinte cuantía de premios:
                Categoría Única:
                ·         Primeiro premio (250 € e trofeo)
                ·         Segundo premio (150 € e trofeo)
                ·         Terceiro premio (100 € e trofeo)
  • A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Descargas:


hit counter