jueves, 3 de octubre de 2013

Horarios do curso 2013-2014

Aquí tendes os horarios deste novo curso. Coma sempre, recomendámosvos que os imprimades e os peguedes ó refrixerador, así quedará moito máis claro para todos.

E non olvidedes que este Sábado día 5 escomenzamos novo curso, cheo de novidades e preparando o 40 Aniversario do grupo.

Ós que non o fixeran, aínda están a tempo. Só hai que ir o sábado 5 ó Colexio San Narciso ás 11 da mañá (hai que ir ó Ximnasio do Colexio, que se atopa debaixo do salón de actos), e alí xa vos comentamos todo o necesario.

Non perdas a oportunidade de formar parte dunha gran familia e de promover con orgullo a nosa cultura

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Novo curso 2013/2014 - 40 aniversario

Outro ano máis, a Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", está a preparar o seu novo inicio de curso. O comezo das clases será o vindeiro día 5 de Outubro, e alí se fará a presentación do curso e dos contidos deste ano.

Para elo, esta é a oferta formativa de este ano:


Los cursos tienen previsto iniciarse el día 6 de Octubre (Sábado) en el Colegio San Narciso (subiendo por la rampa, donde se situa la cancha de baloncesto) a las 11:00 de la mañana.

En esta presentación se informará a todos de los horarios de las distintas actividades.

El horario de los cursos sería:

SABADOS: (San Narciso)
  • 11:00 - 12:00 Iniciación de Gaita - Profesor: Adrián Insua
  • 11:00 - 12:00 Iniciación de Percusión - Profesor: Miguel Fraguas
  • 12:00 - 13:00 Perfeccionamiento Gaita - Profesor:  Adrián Insua
  • 12:00 - 13:00 Perfeccionamiento de Percusión - Profesor: Miguel Fraguas
  • 13:00 - 13:30 Ensayo de Banda

MIERCOLES: (San Narciso)
  • 17:00 - 18:00 Iniciación de gaita - Profesor: Adrián Insua
  • 18:00 - 19:00 Perfeccionamiento de gaita - Profesor: Adrián Insua

JUEVES: (Casa de Cultura de Mogor)

  • 19:30 - 22:00 Ensayo de pandereteiras "As Chaneiras". Profesora: Lola Fernández

VIERNES: (San Narciso)
  • 17:00 - 19:30 Ensayo de Pequeños de Baile y Canto. Profesora: Sali Insua

Por determinar: (Casa de Cultura de Mogor)

  • Ensayos de Baile, Guitarra y Ensayos de Misa Cantada.
Para non perderse, deixámosvos un mapa de como se chega o San Narciso dende a Escola Naval Militar de Marín.


lunes, 8 de julio de 2013

Finaliza o II Memorial Antonio Fernández

Xa rematados tódolos actos deste II Memorial Antonio Fernández, faremos un breve repaso para todos aqueles que non puideran asistir.

Foi unha mágoa que as altas temperaturas non acompañaran para a execución dos actos. Cabe recordar que este fin de semana atopámosnos con temperaturas preto ós 40 graos, temperaturas ás que non estamos afeitos nesta a nosa terriña. Por mor disto, a afluencia de público non foi a agardada, pero nada disto réstalle a influencia e vistosidade deste Memorial.

Dende a directiva, queremos agradecer a tódalas persoas e asociacións colaboradoras neste acto. Sen eles non sería posible a realización do mesmo e que acadara esa etiqueta de exitoso que lle colgamos sen dubidar.

A lista de agradecementos faise moi longa, pero vamos a nombrar o máis destacado.

  • En primeiro lugar, agradecer o Concello de Marín por colaborar activamente coa realización do acto, amén do seu apoio constante. Gracias María Ramallo, Manuel Costas, Beatriz, Pilar...
  • Rompendo rutinas de orde e protocolo, o redactor deste blog quere felicitar, de todo corazón, ós membros da Asociación Artístico Cultural "Os Chaneiros", polo esforzo desempregado ata a consecución deste Memorial. Moito suor (diso damos boa fe todos) para que o evento creza co paso dos anos, e sega a ser un exemplo de colaboración interna, moito esforzo e sobre todo moitas gañas para que saíra ben. E todo isto, sempre cun sorriso esbozado nas facianas, e co apoio da familia, que traballa tanto coma os membros. "Gracias, Chaneiriños, o noso oficio está ben claro".
  • Gracias tamén ós grupos invitados, que soportaron as inclemencias do tempo e non fallaron a cita que se lles había proposto. Miudos de Arcade, pola orixinalidade ofrecida; Cantodorxo do Grove, qué bonitos bailes!; Solaina de Moaña, moita frescura; e a Trompos os Pés, de Marín.
  • Xulio Santos e Teresa Landín, grandes condutores dos actos, preparados para todo, e demostrando a súa valía como presentadores todoterreo. Non hai nadie que poida falar de Antonio e Os Chaneiros mellor ca eles. Mil gracias.
  • Gracias ás "Nenas de Antonio" ás que este ano foron tema na presentación dos actos o Venres no museo "Manuel Torres".
  • ¿Qué sería do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior sen o noso exclusivo xurado?
    • Anxo Lorenzo, un crack, tanto como músico coma persoa. Presidiu con autoridade a mesa do xurado. Poderíanse dicir moitas cousas del, pero gustaríame reseñar unha frase dirixida á Música de Antonio, e que explica ás mil marabillas o esprito do evento: 
    • "No es que la música de Antonio sea sencilla por estar compuesta para niños. La música es música, y aunque una melodía sea sencilla, lo que tiene que hacer es llegarte (al corazón), y Antonio conseguía eso con sus melodías"
[Nota del redactor: muchas veces pude comprobar lo que dice Anxo, pero nunca de una manera tan clara como en el Memorial, con ejemplo anecdótico y entrañable de la pequeña Edith (la más peque del grupo con 3 años) que tanto el viernes como el domingo, se lanzó a bailar en cuanto escuchó la canción de Antonio: O Pelouro. Dos momentos separados en el tiempo, misma canción]
    • Miguel Fraguas, o noso querido mestre de percusión. Sempre disposto a axudarnos en todo, demostrándo a súa profesionalidade.
    • Cristobal Prieto, artesano de instrumentos tradicionaís afincado no Hío e mestre de gaitas. Graciñas polo esforzo de vir de viaxe e case directamente ó Memorial
    • Luis, concelleiro de Marín e músico dende hai moitos anos.
  • Gracias á familia de Antonio, que coa súa presencia e apoio, danlle ó acto o toque sentimental que ninguén  máis lle pode dar.
  • En fin, seguro que me falta moita xente, a cal xa irei agregando. ¡¡Moitas gracias a todos!!
Non vos perdades as entradas de mañá, onde falaremos máis dos eventos en particular.

Como adianto, velaquí vai o resultado do II Concurso de Cuartetos Tradicionais Junior, noraboa ás gañadoras.

martes, 12 de marzo de 2013

Bases do II Memorial Infantil "Antonio Fernández"


A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres do ano pasado, xa se está a preparar o “II Memorial Antonio Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

{As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.}
                                                                       

O Concurso celebrarase o Domingo 7 de Xullo na Granxa de Briz en Marín. 

Antes das Bases do Concurso, deixámosvos o resumo da reportaxe que lle fixo ó Memorial a canle Via Televisión. Unha boa mostra do emotivo dos actos. 




E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial o Sábado 6 de Xullo. As entradas do primeiro Memorial tédelas máis abaixo.

MODALIDADE 


  Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS


Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

 Categoría única: Entre 8 e 18 anos.


A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS

 Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción  debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

 Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS

  • O xuradoterá presente os seguintes criterios de cualificación:
  • Afinación e interpretación
  • Dificultade da peza
  • Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  • A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS

Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
  •  Primeiro Premio: Trofeo e 250 €
  •  Segundo Premio: Trofeo e 150 €
  •  Terceiro Premio: Trofeo e 100 € 

BASES CONCURSO



Modalidade: Cuartetos Tradicionais Juniors

  • Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.
  •    Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.
  • Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos.
  • É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.
  • As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.
  • A interpretación  constará de dúas pezas.
    •  A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible. 
    • A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. “Os Chaneiros” se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.
  •   O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
    •     Afinación e interpretación
    •     Dificultade da peza
    •    Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  •  Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
  •  O concurso celebrarase o Domingo 7 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Auditorio da Granxa de Briz, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).
  • O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 30 de xuño (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .
  • O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
  • A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.
  • Establecerase a seguinte cuantía de premios:
                Categoría Única:
                ·         Primeiro premio (250 € e trofeo)
                ·         Segundo premio (150 € e trofeo)
                ·         Terceiro premio (100 € e trofeo)
  • A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Descargas:

hit counter