Album de Fotos

sábado, 7 de julio de 2012

Arranca o I Memorial Antonio Fernández

Bota a andar o I Memorial de Antonio Fernández, e comeza a súa andaina no Mueso Manuel Torres.

Alí, exerceron coma mestres de cerimonia Julio Santos e máis o Padre Marino Domínguez, que, xunto coa alcaldesa de Marín, Dna María Ramallo, e a presidenta da Asociación Os Chaneiros, Lucía Budiño, conformaban esta mesa presidencial.

O anecdotario foi moi variado, e a charla de por sí fíxose moi amena. Moitos dos ointes puideron coñecer eses segredos dos inicios dos Chaneiros, que sóamente os implicados podían contar.

Completouse o acto con detalles cara María Ramallo e a viuda de Antonio Fernández, Chefa Reiriz.

 


Sábado día 7

Continúan os actos do Memorial cun Festival Infantil, cos grupos:

- Os Chaneiros de Marín
- Nosa Terra de Mos
 - Foula de Cotobade
- Breogán de Moaña
- Trompos ós Pés de Marín

O programa é:
17:00  Recepción dos grupos no concello
17,30 Pasarrúas dos grupos dende o Concello á Granxa de Briz
19:00 Comezo de Festival Infantil

0 Responses: