lunes, 9 de julio de 2012

I Concurso de Memorial Antonio Fernández

Onte realizouse o I Concurso de Cuartetos Infantiles Tradicionales do "I Memorial Antonio Fernández" e con este acto rematou, con moito éxito e con moita perspectiva de futuro, este Memorial, que "Os Chaneiros" vos preparamos con todo o cariño do mundo.

Dende a Asociación queremos dar as gracias a todos aqueles que contribuíron a que este soño fora posible. Os agradecementos terán que ir noutra entrada, para poder darlle a importancia que merece.

Xa rematado o I Concurso, á altura dos mellores concursos de gaitas nos que se dan os mesmos ingredientes: tensión, nervios, un xurado profesional e moi serio, premios con personalidade propia, e sobre todo, a ilusión dos rapaces por competir. Para todos os que o perdestes, emíten un resumo hoxe, luns 9, no canal de VIA , os que temos que dar as gracias por acompañarnos o longo deste Memorial. Informaremos de cando o boten completo.

Cun xurado de grandes talentos destacando a figura de Anxo Lorenzo e do Padre Marino, que exerceu como presidente do xurado, sen olvidarnos do representante en Marín da Concellería de Cultura, Luis, e o director da Banda de Música de Marín. Menudo plantel de luxo.

Os premios eran:

1º Premio: 250 € + Trofeo
2º Premio: 150 € + Trofeo
3º Premio: 100 € + Trofeo

O terceiro premio con 100 €+ Trofeo foi para o grupo "Os Xis".

O segundo premio con 150 €+ Trofeo, recaeu no grupo "San Xusto".

E os primeiros gañadores desta primeira edición do I Concurso Infantil de Cuartetos Tradicionais "Antonio Fernández", ós que damos a noraboa e desexamoslles que sigan a medrar, é o cuarteto chamado "Estebesiños" formado por: Jorge Roldán Pérez, Mariña Fontenla Fortes, Sergio Lodeiro Portela e Luís Castro Domínguez. Interpretaron as pezas: "Homenaxe o Gaiteiro de Soutelo" e "Troula de Campaño".

Noraboa a todos!!!!!!!


En breve subimos os videos e as fotos para rematar este artigo.

sábado, 7 de julio de 2012

Arranca o I Memorial Antonio Fernández

Bota a andar o I Memorial de Antonio Fernández, e comeza a súa andaina no Mueso Manuel Torres.

Alí, exerceron coma mestres de cerimonia Julio Santos e máis o Padre Marino Domínguez, que, xunto coa alcaldesa de Marín, Dna María Ramallo, e a presidenta da Asociación Os Chaneiros, Lucía Budiño, conformaban esta mesa presidencial.

O anecdotario foi moi variado, e a charla de por sí fíxose moi amena. Moitos dos ointes puideron coñecer eses segredos dos inicios dos Chaneiros, que sóamente os implicados podían contar.

Completouse o acto con detalles cara María Ramallo e a viuda de Antonio Fernández, Chefa Reiriz.

 


Sábado día 7

Continúan os actos do Memorial cun Festival Infantil, cos grupos:

- Os Chaneiros de Marín
- Nosa Terra de Mos
 - Foula de Cotobade
- Breogán de Moaña
- Trompos ós Pés de Marín

O programa é:
17:00  Recepción dos grupos no concello
17,30 Pasarrúas dos grupos dende o Concello á Granxa de Briz
19:00 Comezo de Festival Infantil

hit counter