lunes, 18 de junio de 2012

I Aniversario da Morte de Antonio Fernández

O día 21 de Xuño foi e será un día de recordo para todos os marinenses. Era no 2011 cando finaba o Socio de Honra de "Os Chaneiros" don Antonio Fernández Rodríguez.

No seu recordo, a Asociación "Os Chaneiros" da que el foi cofundador e maila súa familia, realizarán unha serie de actos para honrar a súa Memoria.

O primeiro destes actos será o venres día 22 de Xuño, na que a súa familia realizará o cabodano na Igrexa de San Pedro ás 19:00 horas.

Ás 18:00 horas, un cuarteto de "Os Chaneiros", xunto coa familia, participará nun acto no Cemiterio de Marín. Neste acto realizarase unha ofrenda musical e floral.

Só nos resta agradecer todo o apoio á familia.

0 Responses:

hit counter