jueves, 17 de mayo de 2012

I Memorial Antonio Fernández


 “Marín, é unha das poucas cidades galegas que se honra de ter entre os seus cidadáns un número de persoas tan elevado, que entenden, viven e defenden a música folclórica da nosa terra, nunha palabra e un auténtico berce de melómanos.“

Grandes músicos naceron en Marín, como o exaltado compositor don Francisco Landín, pero foron moitos os que contribuíron a aumentar o legado musical deste Concello. Moitos deles aínda non teñen recoñecido a súa labor, este é o caso de Antonio Fernández Rodríguez.
Como herdeiros da súa obra, Os Chaneiros, non poden facer outra cousa que lle render homenaxe a un home que participou xunto co Padre Marino, nun proxecto inédito na súa época, apostando pola infancia, convertendo un grupo de cativos e cativas, en perfectos embaixadores da Tradición Musical Galega, como así o demostraron tanto dentro como fora de Galicia.
Moitos son os músicos que naceron deste proxecto, moitos os que seguen mantendo viva a tradición galega, incluso a nivel internacional como é o caso dos gaiteiros Budiño e Anxo Lorenzo. Todos eles destacan a súa figura dentro deste proxecto.

“Antonio Fernández  Rodríguez, músico de soleira que non para en facer novas tarefas para este grupo, o que axuda coa súa inestimable colaboración o continuo renovamento de músicos e obras.”

Antonio Fernández Rodríguez, nado en Estevesiños concello de Monterrey (1927-2011), foi músico de vocación, dende que ós 18 anos formara parte da Banda de Música Militar de Coruña, a súa vida estibo estreitamente vinculada a música. Xa en Marín, en 1952, únese como clarinete a unha banda de música subvencionada polo Concello de Marín  para animar festas e actos públicos. En 1973, inicia o seu traballo como bedel no Colexio San Narciso, momento no cal únese ó proxecto do Padre Marino Domínguez:  a creación dunha banda de gaitas infantil.
A labor de Antonio Fernández non só se limitou á formación da banda de gaitas infantil, senón que cabe destacar as numerosas cancións dedicadas e creadas para este proxecto que foi e grazas a el segue sendo “Os Chaneiros”.


Falar de Antonio Fernández é entender a importancia que ten a INFANCIA na transmisión da Música Tradicional Galega, na nosa Identidade. A estas alturas é imposible negar que ese proxecto que naceu fai 38 anos no Colexio Padres Paules, das mans do Padre Marino e Antonio Fernández, non tivo éxito, pois a semente que plantaron neses nenos e nenas segue dando o seu froito.
Aprendendo dos nosos orixes, queremos involucrar a todos os nenos e nenas na Tradición Musical Galega, non só como escola que xa somos, senón dando un paso mais, creando o MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ unha maneira de premiar e exaltar a dedicación deses rapaces e rapazas que traballan a prol da Cultura Galega, á vez que recoñecemos e poñemos en valor o importantísimo traballo levado acabo por Antonio.


ACTOS dentro do Memorial:
  •  ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO FERNANDEZ
  • PRESENTACION DO MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ
  • FESTIVAL INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL
  • CONCURSO INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL

0 Responses:

hit counter