As nosas Chaneiriñas seguen a crecer e crecer, e pouquiño a pouco vanse formando coma artistas. Os obxectivos cúmprense e sempre se tira para adiante; ése é o esprito rapazas.
Este Venres, actuaron o grupo de pandereteiras "As Chaneiras" no programa da Televisión de Galicia "A Solaina", presentado por Sandra e Ricardo.
Ademáis de actuar na TVG, axudaron os nosos amigos de Chan das Pipas a promocionar a súa festa do viño. Tesi foi a encargada de poñer o bo humor xunto co presentador Ricardo. Se ata parece que leva traballando toda a vida na televisión.
Tesi, Chelo, Sali, Jara, Sabela e Lucía; deixaron o pabillón ben alto, aínda que foi unha lástima que non lles permitisen actuar coas dúas cancións iniciais, pero índa así puideron desplegar o seu potencial. Alédanos pensar que moitos aproveitarían a ocasión para reunirse nas casas, e desfrutar con elas.
Deixámosvos o video para que opinedes por vos mesmos.
Deixámosvos o video para que opinedes por vos mesmos.
E para rematar o día, que mellor que estar na catedral de Santiago e, para sorpresa de todos que non sabiamos de que ía a cousa, alucinamos cos marabillosos efectos das luces, sons e fogos de artificio da catedral nos "Fogos do Apóstolo 2011".... algo único e inesquecible. Había que estar alí!.
Para mostra, un botón (o primeiro enlace funciona perfectamente, aínda que poña algunha mensaxe rara):
Por suposto, agradecer a todos os que apoiades a estas rapaces dende os seus inicios. Moitas gracias!!!
1 Responses (Leave a Comment):
Muy grandes, chicas. Sois la caña de España, jejejeje.
Además, salís muy guapas así de peinaditas y risueñas xDDD
Publicar un comentario