viernes, 25 de diciembre de 2009

Feliz Ano 2010

É epoca de promesas, de agarimos, de ledicias, de estar cós da casa, de reencontros... e dende a Asociación tamén desexamos que os soños daqueles ós que máis queremos se fagan realidade.

Pechamos este ano 2009 cun balance moi a favor do esperado nun principio. Os nosos rapaces souberon dar a cara coma auténticos campións, e non só poñendo esforzo e ganas, senón tamén con calidade, carácter e deixando un moi bo sabor en tódalas actuacións realizadas.
Actuacións máis ou menos diversas, varias no mesmo día, e tantas coma xa fai anos que non se vía... e inda por riba, co festival polo medio. Só quedou unha espiña cravada: as actuacións no extranxeiro. Quen sabe, igual neste 2010 que entra, a cousa cambia...

Xa nesta época estival, queremos agradecer o traballo destes soldadiños, ós cales inda non tiveron o seu merecido descanso (todavía non acabamos a tempada) e confiemos en que os folgos non falten é o ánimo non decaia. E por suposto, volver a agradecer ós mestres polo seu desempeño e a toda esa xente que apoiou con cariño e de maneira desinteresada. Claro está, nesas persoas tamén están incluidos os pais dos rapaces (calquera os atura), os "ex" membros do grupo implicados no Festival e que contribuiron a que máis ca un concerto, se convertira nun evento especial de reencontros e recordos que volveron cobrar vida.

E como ben di o título, Os Chaneiros vos queremos desexar un bo remate de ano e unha entrada de ano inda mellor. Agardamos que inda que non vos toque a lotería, este ano vos traia as mismas alegrias que a nos, e todo sempre acompañado de saúde, que o final é o importante.

¡¡ FELIZ ANO 2010 !!

sábado, 19 de septiembre de 2009

FELIZ CUMPREANOS, CHANEIROS


TRA-LA RESACA DO FESTIVAL, OS AGRADECEMENTOS

A Asociación Artístico-Cultural “Os Chaneiros” quere agradecer sinceramente toda a colaboración recibida para a realización dos actos conmemorativos do seu 35 aniversario.

Especialmente, queremos agradecer a axuda prestada polo Concello de Marín, e especialmente, a Concelleira de Cultura, Dona Esther Crespo e ó Alcalde D. Francisco Veiga. Do mesmo xeito á Xunta de Galicia, á Deputación Provincial, á Obra Social de Caixanova.

Tamén queremos agradecer a colaboración dos comerciantes e empresarios de Marín que, coas súas aportacións, fixeron posible a realización de todos estes actos.

E finalmente, non podemos esquecer ós medios de comunicación que, tan amablemente, cubriron os actos e fixéronse eco de todos os nosos comunicados.

O noso máis sincero agradecemento a todos os que fixeron posible este exitoso reencontro das distintas xeracións que formaron parte do Grupo.

Aproveitamos esta nota de agradecemento para comunicar, e pedir que se faga público, que na Exposición “Os Chaneiros: 35 anos de historia” que está a ter lugar no Museo Manuel Torres, terá lugar a Proxección dunha montaxe audiovisual feita a partires das cintas de vídeo aportadas por exchaneiros, así como as cedidas polo Museo “Os nosos Devanceiros” de Maceda (Ourense).

Esta proxección poderá verse os sábados e domingos que restan do mes (a exposición remata o 30 de setembro), no mesmo horario da exposición.



Reunión de Ex-Chaneiros, con el Padre Marino dirigiendo

Despois dos agradecementos, queremos recordar eses momentos cheos de emoción para todos.

Xa no museo Manuel Torres, os momentos máis especiais correron a cargo dos propios homenaxeados, Marino e Antonio. Tamén quixeron formar parte desta homenaxe Elixio Rivas, Julio Santos e Pucho Teijeira.

Os actos centráronse na homenaxe ós 3 compositores do grupo (Marino Domínguez, Antonio Fernández e Francisco Landín), ó fundador do grupo (Marino Domínguez); e ó Colexio San Narciso, por ser o noso fogar despois de tantos anos. Ademáis disto, procedeuse á interpretación dunha peza de cada autor.

Logo do acto oficioso, dirixímonos ata o restaurante "A Goleta", para gozar así dunha cea de confraternidade e de moitos, moitos recordos. E como non procedía doutra forma, pois que mellor Final de Festa que caseque tódolos membros e ex-membros do grupo tocando baixo a dirección de Marino. Sen dúbida, un soño para moitos e para o propio Marino, o cal xa non contaba de saber nada máis dos seus queridos Chaneiros.

Se queredes ver as fotos tomadas na cea, estamos a crear un album de fotos para que todos poidades velas e descargalas. Esperamos que sexa do voso agrado.

E en breve, farémolo comentario do que foi o Festival en si. Do cal tamén hai moitos detalles que engadir.

domingo, 23 de agosto de 2009

Os últimos pasos cara o Festival

Xa falta pouco para o Festival, e por aquí xa estamos ultimando todo o referente a él.

Aquí vos colocamos a invitación. Recordámosvos que se fostes Chaneiro e queres recordalo con nos, so tes que seguir o que aquí se indica.

Tendes que ter en conta, que fixemos unha labor de búsqueda de ex-membros sen igual. O número de Chaneiros e infinito e sempre puidemos deixarnos a algún atrás. Contamos con todos vós!!





Tamén vos deixamos o cartel do Festival:




jueves, 21 de mayo de 2009

Vai de Concursos.... e Premios!

Concursos na Provincia da Coruña

Faro de Vigo, 13/05/09, Julio Santos Pena


Os nosos rapaces xa dan mostra do seu nivel acadado o longo de moitos ensaios. E que mellor forma de demostralo que presentándose a un concurso, e ademais facéndoo ó grande.

Como uns auténticos mestres e uns nervios de aceiro, estes rapaces presentáronse a XX edición do concurso de Gaitas que organizou a Asociación Cultural Xacarandaina. En principio para competir no grupo de menores de 13 anos, pero debido a falta de concursantes, tiveron que adaptarse e meterse nunha categoría superior (menores de 17 anos). Cun temple que so poseen os grandes mestres gaiteiros e dando exemplo a máis de un, non tiveron problemas nin puxeron pegas por loitar nun grupo no que se esixía máis nivel.

As palabras de Jesús (o integrante máis xove de tan só oito anos, armado co bombo) bastaron para alentar á formación. Cando se lle preguntaba se estaba nervioso, el contestaba "Vamos a ganar". Suficientes palabras para que o resto de integrantes formado por Sali (gaita), Tania (gaita) e Jara (tamboril) colleran folgos suficientes para dar o mellor de si mesmos e tocar con soltura.

A peza escollida para o evento foi a armoniosa "Alborada de Celanova" composta polo gran mestre marinense Francisco Landín Pazos, en modo de homenaxe a este idolatrado personaxe de Marín.

Os artífices da montaxe das gaitas e o percusionado das mesmas foron os nosos mestres Christian Castrelo, Lola e Miguel. Do mellor en canto a gaiteros galegos, alumnos do mestre Edelmiro Fernández, de todos sabido como un dos grandes de Galicia. Sobra decir que estamos moi orgullosos e agradecidos co seu traballo na Asociación.

- 3º Posto no Concurso de Gaitas de Xiradela (Categoría de menores de 17 anos)




Diario de Pontevedra, 13/05/09, Coco Vecino


Tamén actuaron as pandereteiras "As Chaneiras" cantando con calidade, como se pode ver no video: (---a actualizar---)

A clasificación do resto de grupos pódese ver na páxina oficial da Asociación Xacarandaina: http://www.xacarandaina.com/espanol/php/noticias.php

jueves, 16 de abril de 2009

35º Aniversario

Outro ano máis de Historia

Moitos recordarán que xa fai 10 anos celebrámo-lo 25º aniversario da Asociación. Pois os anos pasan e xa temos eiquí outro novo récord, e é que este vello avó non para de deixar bos recordos na Historia, tanto de Marín, como de Galicia enteira.

Este ano, o programa da celebración ven marcada cun certo aire nostálxico, e básease principalmente en facer un percorrido o longo das xeracións que formaron a Asociación.

A intención e conseguir que os antigos membros poidan reunirse a rememorar unha das etapas da súa vida, se cadra, unha das que máis cariño se lle gardan. Esta reunión terá o seu punto álxido na realización dun Festival no que se pretende por en escea un pasado, un presente e un futuro do grupo.

Algúns dos membros dos grupos deixaron o mundo da gaita unha vez sairon del, namentres que outros formaron parte doutras bandas, e algúns arriscáronse e formaron o seu propio grupo conseguindo así acadar nome e éxitos (aquí recordamos con cariño o grupo de Beiramar e Picuíña). Todos éstas persoas forman parte da Historia do grupo, e por iso vaise realizar éste Festival-Encontro.

Moitos gardarán grandes recordos das clases e consellos impartidos polo Padre Marino; o cariño e entrega da nosa profe de baile, Lola; o carisma de José Gil; etc. Non dubido que dos máis modernos todos vos acordaredes, por iso se fai mención a aquela xente que lle deu o pulo necesario para que a Asociación medrase nos momentos clave.

Así mesmo, levarase unha labor de recollida tanto de fotos como de vídeos e obxetos, que serán expostos no museo Manuel Torres de Marín, nas fechas vindeiras o festival do Aniversario. Esporase tamén as obras compostas e dedicadas para Os Chaneiros, realizadas polo Mestre Landín, o Padre Marino...

Con todo, convídamosvos a todos a festexar o aniversario da asociación e desta Historia viva de Marín, asegurándovos unha velada inolvidable.

viernes, 6 de marzo de 2009

Presentación de "As Chaneiras"

Como ben di o título, querémosvos presentar a tod@s a nova aposta da Asociación, e non é nin máis nin menos que a creación do Grupo de Pandereteiras e Cantareiras"As Chaneiras".

O nivel acadado por estas rapazas fixeron que a súa creación fose un canto a gritos, nunca mellor dito, co que se consegue dar un novo aire a Asociación en xeral, ademáis de expandirse noutra das ramas da nosa cultura e centrarse con forza nela.

Este grupo créase cuns obxetivos claros, nos que o primeiro é o de pasalo ben, como sempre foi a filosofía da Asociación, e os seguintes son os de acadar un bo nivel para recupera-las cantigas populares, sempre sen olvidar os novos movementos que xurdan. Ademáis, ésta empresa da lugar a diferentes actividades, xa sea a actuación en Seráns Populares, ata a súa presentación en Concursos nun futuro non moi lonxano.

É importante subliñar que a creación deste Grupo non implica unha desvinculación co grupo de gaitas, senón que seguirán tocando nel, e traballarán intimamente combinando os seus esforzos co obxetivo de agranda-la riqueza do grupo ó facer as actuacións máis completas, se cabe.

E con todos vos, presentámoslles unha das primeiras postas en escea do Grupo, deixando un gran toque de calidade nun serán en Touton (Mondariz).





Veña rapazas, a seguir traballando así.

hit counter