viernes, 25 de diciembre de 2009

Feliz Ano 2010

É epoca de promesas, de agarimos, de ledicias, de estar cós da casa, de reencontros... e dende a Asociación tamén desexamos que os soños daqueles ós que máis queremos se fagan realidade.

Pechamos este ano 2009 cun balance moi a favor do esperado nun principio. Os nosos rapaces souberon dar a cara coma auténticos campións, e non só poñendo esforzo e ganas, senón tamén con calidade, carácter e deixando un moi bo sabor en tódalas actuacións realizadas.
Actuacións máis ou menos diversas, varias no mesmo día, e tantas coma xa fai anos que non se vía... e inda por riba, co festival polo medio. Só quedou unha espiña cravada: as actuacións no extranxeiro. Quen sabe, igual neste 2010 que entra, a cousa cambia...

Xa nesta época estival, queremos agradecer o traballo destes soldadiños, ós cales inda non tiveron o seu merecido descanso (todavía non acabamos a tempada) e confiemos en que os folgos non falten é o ánimo non decaia. E por suposto, volver a agradecer ós mestres polo seu desempeño e a toda esa xente que apoiou con cariño e de maneira desinteresada. Claro está, nesas persoas tamén están incluidos os pais dos rapaces (calquera os atura), os "ex" membros do grupo implicados no Festival e que contribuiron a que máis ca un concerto, se convertira nun evento especial de reencontros e recordos que volveron cobrar vida.

E como ben di o título, Os Chaneiros vos queremos desexar un bo remate de ano e unha entrada de ano inda mellor. Agardamos que inda que non vos toque a lotería, este ano vos traia as mismas alegrias que a nos, e todo sempre acompañado de saúde, que o final é o importante.

¡¡ FELIZ ANO 2010 !!

hit counter