jueves, 16 de abril de 2009

35º Aniversario

Outro ano máis de Historia

Moitos recordarán que xa fai 10 anos celebrámo-lo 25º aniversario da Asociación. Pois os anos pasan e xa temos eiquí outro novo récord, e é que este vello avó non para de deixar bos recordos na Historia, tanto de Marín, como de Galicia enteira.

Este ano, o programa da celebración ven marcada cun certo aire nostálxico, e básease principalmente en facer un percorrido o longo das xeracións que formaron a Asociación.

A intención e conseguir que os antigos membros poidan reunirse a rememorar unha das etapas da súa vida, se cadra, unha das que máis cariño se lle gardan. Esta reunión terá o seu punto álxido na realización dun Festival no que se pretende por en escea un pasado, un presente e un futuro do grupo.

Algúns dos membros dos grupos deixaron o mundo da gaita unha vez sairon del, namentres que outros formaron parte doutras bandas, e algúns arriscáronse e formaron o seu propio grupo conseguindo así acadar nome e éxitos (aquí recordamos con cariño o grupo de Beiramar e Picuíña). Todos éstas persoas forman parte da Historia do grupo, e por iso vaise realizar éste Festival-Encontro.

Moitos gardarán grandes recordos das clases e consellos impartidos polo Padre Marino; o cariño e entrega da nosa profe de baile, Lola; o carisma de José Gil; etc. Non dubido que dos máis modernos todos vos acordaredes, por iso se fai mención a aquela xente que lle deu o pulo necesario para que a Asociación medrase nos momentos clave.

Así mesmo, levarase unha labor de recollida tanto de fotos como de vídeos e obxetos, que serán expostos no museo Manuel Torres de Marín, nas fechas vindeiras o festival do Aniversario. Esporase tamén as obras compostas e dedicadas para Os Chaneiros, realizadas polo Mestre Landín, o Padre Marino...

Con todo, convídamosvos a todos a festexar o aniversario da asociación e desta Historia viva de Marín, asegurándovos unha velada inolvidable.

1 Responses (Leave a Comment):

Anónimo dijo...

Eses!!!
pois si que o rapas fai moita cousa! ten a paxina como se fose...un tesouro,jajaja!!bikiños

hit counter