viernes, 28 de marzo de 2008

Actuacións máis relevantes

Actuacións máis relevantes:
1981: actuación en Berna (Suíza)

1989: viaxe por Europa con paradas en Burgos, Tarragona, Niza,Salzburgo, e actuacións en Viena, Ratisbona e Passau, en colaboración co Liceo Casino de Marín e as universidades de Ratisbona e Passau.

1990: viaxe a Gran Bretaña, con actuacións en Londres, mercede á colaboración dos PP.Paúles.

1994: viaxe a Zaragoza, con visita da cidade e actuacións na Plaza del Pilar, e interpretación do himno galego na misa de Ntra.Sra. del Pilar (12/10/1994) en colaboración con centros galegos de Zaragoza.

1999: festival 25º aniversario da Asociación, invitando a gran variedade de grupos, tanto dos arredores (Marín, Moaña, Sanxenxo...) como de fóra (Asturias, Zaragoza...).

2000: intercambio co grupo "Nova Estrela" de Zaragoza, asistindo nesta cidade ó festival organizado por este grupo pertencente ó Centro Galego de Zaragoza.

2001: Actuacion en Punta Umbría para promociona-la cultura e o turismo galego, en colaboración coa Concellería de Turismo do Concello de Marín.

2005: actuación no festival XXXII organizado pola banda de gaitas "Domingo Fontán" e o coro "Domingo Fontán" en Portas.

2006: actuación de varios compoñentes do grupo, en representación do mesmo e do Concello de Marín nunha bienal de culturas no Concello de Passau.

Ademáis, o grupo ven amenizando diversas festas en todo o Concello de Marín, e en diferentes lugares das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. E tamén noutros países como Portugal.

Actividades y Horarios

As actividades que realiza o noso grupo son de diferente índole, como por exemplo realizamos viaxes lúdico-culturais, recollemos cancións e bailes... no grupo mestúranse tradición e ganas de pasalo ben. Os nosos rapaces disfrutan o mesmo tempo que aprenden. Ademáis, contamos cun grupo de pandereteiras e cantareiras de calidade e tradición.

As nosas clases están dirixidas e supervisadas por 5 profesores diferentes.


Horarios

O noso horario durante o presente ano lectivo é o seguinte:

  • LUNS: de 19:00 a 20:00 ensaio de pandereteiras e de 20:00 a 22:00 ensaio de baile
  • MARTES: de 19:00 a 21:00 ensaio de pandereteiras
  • MERCORES: de 16:00 a 17:00 iniciación e ensaio de percusión
  • VENRES: de 17:30 a 16:30 baile de pequenos e iniciación á pandereta; e de 19:00 a 21:00 baile de maiores.
  • SÁBADOS: de 10:30 a 13:30 - Ensaio xeral
  1. Iniciación á gaita
  2. Iniciacion á percusion
  3. Iniciacion a pandereta
  4. Pandeireta para maiores
  5. Percusion para maiores
  6. Gaita para maiores

Historia






O grupo folclórico "Os Chaneiros" formouse no ano 1974, da man do padre Marino Domínguez Chantrero, mestre do colexio San Narciso - PP.Paúles de Marín en colaboración con Antonio Fernández Rodríguez - compositor - e coas composicións do Mestre Francisco Landín, nunha época na que toca-la gaita non "estaba de moda". Esta tarefa comezouna buscando polas aulas deste colexio rapaces que quixesen tocar este instrumento. Contou coa colaboración de Loli Álvarez, Julio Santos Pena e Pili Ballesteros.

A filosofía deste grupo foi desde un principio, e segue a selo agora,ensinar. Por este grupo pasaron centos de gaiteiros e gaiteiras (nunha época na que causaba moi diversas reaccións nos diferentes pobos o feito de ver rapazas tocando a gaita). Algúns deles son agora gaiteiros ilustres, coma Anxo Lorenzo, artísta de proxección mundial co cal o grupo mantén unha estreita relación; Xosé Manuel Budiño, que logo, por razóns xeográficas, abandonaría este grupo para completar a súa formación da man de Moxenas no grupo "Semente Nova" de Moaña, lugar onde residía.

 
Na actualidade o padre Marino está desvinculado do grupo, pero mantense a mesma filosofía, con un engadido: xa non se producen escisións ó chegar a certas idades. De feito, os rapaces que compoñen o grupo teñen entre 4 e 30 anos, incluso colaboran algúns pais, un amplo abano de xeracións, obxectivos, experiencias e inquedanzas perfectamente compatibles.

O grupo conta con 30 membros. O ámbito de actuacións é bastante amplo. Inscrito no Concello de Marín e na Deputación de Pontevedra ofrece numerosas actuacións (xa sexa como banda de gaitas ou como grupo folclórico) nos seus propios concello e provincia. Abrangue ademáis toda a comunidade galega (sendo notable o caso da provincia de Ourense).


Introducción

A banda de gaitas e grupo folclórico "Os Chaneiros" é unha asociación sen ánimo de lucro en constante desenrolo que ten como finalidade, a aprendizaxe de rapaces e rapazas da nosa comarca na arte do baile e da música tan propios da nosa terra.

Situado na provincia de Pontevedra, o noso local social encóntrase na vila de Marín na seguinte dirección:
-direccion: Colegio PP Paules, San Narciso, Chan do Monte
Marin, Pontevedra CP: 36900 Apartado de Correos nº 20
-teléfono de contacto: 676 462 694
-Email: oschaneiros@gmail.com

Esta páxina de nova creación máis adiante e en colaboración cos compoñentes do grupo ampliarémola con novas seccións e informacións divertidas.

Se queredes aprender a bailar ou a tocar algún instrumento tradicional galego ... Anímate e chámanos sen compromiso.

hit counter